NON SABES QUE LER?
Nesta sección os vosos compañeiros lectores aconsellan un libro. Podedes deixar os vosos comentarios e apuntar as vosas lecturas favoritas.
CURSO 2017/18
CURSO 2017/18
Carla Cancela Costa 3º
Sabedes
ese tipo de libros que te enganchan desde que comezas e non consegues parar de
ler ata rematalos. E xusto cando o
acabas sentes ese baleiro que só os que viven as aventuras cos personaxes poderán
entender?
Pois
"Los Juegos del Hambre" son todo iso,e máis. Adrenalina e alta
tensión hasta a última páxina, estes libros atrápante incitándote a ler o máis
rápido posible coa intriga que ocorrerá.
Con
este libro dáste de conta do que pode chegar a facer unha persoa con tal de
salvar a súa propia vida, sen importar a
vida dos demais. É unha novela futurista que che fai recapacitar e ver que tal
vez nun futuro esteamos nunha situación
similar. Non só é unha novela de acción e morte ,contén triángulos amorosos,
amor familiar ,dificultades da vida cotiá ,tácticas de supervivencia e unha
gran valentía por parte dos seus personaxes .A protagonista, Katnis Everdeen, é
digna de admirar tanto pola súa valentía como pola súa empatía, sabe antepoñer
a súa vida á da súa irmá chamada Primrose.
" Ganar significa fama y riqueza, perder significa LA MUERTE SEGURA, que empiecen los Septuagésimos Cuartos Juegos del Hambre.
" Os personaxes viven en Panem, unha cidade con
13 distritos que rodean o capitolio (o centro e onde se atopa o poder do país). O capitolio en honra ás vítimas
que se enfrontaron a eles e acabaron con elas, crean Los Juegos del Hambre, un cruel xogo de supervivencia que se emite por televisión. Vinte
e catro adolescentes son elixido mediante a colleita, escóllense ao chou dos
nomes de homes e mulleres(un de cada) que habitan nese distrito e son os elixidos
para participar no xogo. Deberán loitar a morte, buscando comida e auga ,ata
que só quede un, o gañador .A irmá de Katniss é elexida nun deses sorteos e
Katniss ofrécese voluntaria para ocupar o seu lugar. Que ocorre despois?
Sobrevivirá a pesar de todas as dificultades que o capitolio lle poña?
Rebelaranse contra o capitolio? Unha cousa si vos direi, Katniss converterase no
Sinsajo, a súa cara será signo de rebelión contra o indestrutible goberno
cruel." Ganar significa fama y riqueza, perder significa LA MUERTE SEGURA, que empiecen los Septuagésimos Cuartos Juegos del Hambre.
"Casi sin querer"
Defreds é un dos meus
escritores de poesía favoritos. Ten unha forma peculiar e curiosa de dicir as
cousas ,é por iso que me gusta tanto. Sen embargo tiña moi boas espectativas de
este libro e defraudoume. Non porque as poesías foran distintas nin predecibles, senón
porque a min gústanme máis as poesías de desamor ou as tristes que as que demostran felicidade e
alegría. Parecéronme textos moi repetitivos a medida que pasaba as páxinas ,gústanme
moito máis os que sobe ás redes sociais. O seu libro
"Cuando abras el paracaídas" si me gustou moito.
EXEMPLOS:
1.Una vez más
3.La maldita sensación
4.El mundo deja de ser una mierda
5.Somos humanos
6.Esquinita doblada
7.Huracán
8.Heridas y tiritas
9.El amor es silencio
10.Mirar
EFECTOS SECUNDARIOS
Ana Vázquez Rama 3º
Efectos Secundarios é un
libro de poesía de literatura xuvenil. Trata sobre a vida en xeral e dise que
axuda moito á xente. Este é un libro de unha colección poética chamada ''Otros
Espacios'', e un dos seus primeiros títulos é este. Está feito por quince
escritores, algúns de eles gañaron os premios máis prestixiosos da poesía. Este
libro está feito para que os adolescentes teñan como unha voz que teña as
mesmas inquietudes ca eles, os primeiros amores, os primeiros desexos...
A min persoalmente, este
libro gustoume moito, recoméndollo á xente que lle guste a poesía e dubido que
este libro os defraude, e invita a reflexionar sobre a vida... en fin, esas dúbidas
que lle poden xurdir a un adolescente, unha diferente forma de ver o cercano.
Ismael Liñares 3º
Recomendo ler este libro porque é moi divertido ao intentar resolver un
caso moi interesante , ten bastantes sorpresas que fan que os lectores lle
entreteña máis o libro.
O peor do libro é que as veces non resulta fácil de entender porque usa
termos que lía un pouco aos lectores.
Inés Costa 3º
Inés Costa 3º
O LABORATORIO DO DOUTOR NOGUEIRA
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.
Recomendaríalle este libro a meus compañeiros porque: é un libro
que se le moi rápido, con cada relato que conta a narradora sentinme interesada por ver como acaba e o final do libro é moi inesperado. O contra deste libro para min é que todos os relatos non acaban como eu esperaba
Cando a periodista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista flotando nas augas do porto vigués de Berbés, non podería imaxinar que o pequeno xoguete que o asasino escondeu no peto do morto está a punto de cambiarlle a vida. Aquel click,que lle recorda a súa infancia, é o único que relaciona este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. Nos días seguintes, irán aparecendo máis mortos e máis clik na Ría de Vigo. Pero ningén máis o sabe.
Ana Queijo (3º) Siempre contigo
Tania Suárez (4º)
Jéssica Gómez (4º)
De todas as fotos que gardo daquel verán tan longo que pasamos na casa da avoa, esta é a miña preferida. Míroa, pecho os ollos e aínda son capaz de sentir o recendo que inundaba toda a casa cando mamá Raquel se encerraba na cociña e pasaba a tarde enteira facendo o doce de marmelo.
Este libro gustoume moito porque ten bastante intriga e ademais propón unha serie de actividades que o lector podería realizar para non estar todo o tempo no ordenador, móvil, tele, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario