En marzo tivemos unha agradable tertulia con Mari Vega e as "avoas pandereiteiras" que nos falaron dos tempos e dos costumes de antes , das dificultades e miserias que pasaban , pero non perderon o humor e contáronnos moitas anécdotas que nos fixeron pasar un rato divertido.
Mari Vega Cerqueiro naceu na Pontepedra (Tordoia). É técnica superior de Fotografía pola Escola de Artes e Superior de Deseño “Mestre Mateo” de Santiago, así como licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago. Na actualidade traballa como profesora de fotografía na Escola “Mestre Mateo”. A propia autora recorda os seus inicios na fotografía con 12 anos de idade, de xeito autodidacta, cunha reportaxe sobre a
inauguración do centro médico de Tordoia.
Publicou un estudo histórico e etnográfico sobre o oficio de lavar (“Lendas e imaxes das donas do río: as lavandeiras”), galardoado co Premio de investigación Xohana Torres do Concello de Santiago de Compostela en 1997, e publicado pola editorial A Nosa Terra en 2002.
No ano 2006 publicou o conto xuvenil
“O camiño a Tibiáns” (editorial Sotelo Blanco).