martes, 21 de marzo de 2017

ENCONTROS

En marzo tivemos unha agradable tertulia con Mari Vega e as "avoas pandereiteiras" que nos falaron dos tempos e dos costumes de antes , das dificultades e miserias que pasaban , pero non perderon o humor e contáronnos moitas anécdotas que nos fixeron pasar un rato  divertido.

 Mari Vega Cerqueiro naceu na Pontepedra (Tordoia).  É técnica superior de Fotografía pola Escola de Artes e Superior de Deseño “Mestre Mateo” de Santiago, así como licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago. Na actualidade traballa como profesora de fotografía na Escola “Mestre Mateo”. A propia autora recorda os seus inicios na fotografía con 12 anos de idade, de xeito autodidacta, cunha reportaxe sobre a inauguración do centro médico de Tordoia. Publicou un estudo histórico e etnográfico sobre o oficio de lavar (“Lendas e imaxes das donas do río: as lavandeiras”), galardoado co Premio de investigación Xohana Torres do Concello de Santiago de Compostela en 1997, e publicado pola editorial A Nosa Terra en 2002.
 No ano 2006 publicou o conto xuvenil “O camiño a Tibiáns” (editorial Sotelo Blanco).

Ningún comentario:

Publicar un comentario