mércores, 25 de outubro de 2017

PERGAMIÑO VINDEL


Pergamiño Vindel

Exposición do Pergamiño Vindel, o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, que se poderá visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, até o 4 de marzo de 2018.
O pergameo pertence actualmente á Morgan Library de Nova York, que llo cedeu á Universidade de Vigo para esta exposición, pero moitos foron os avatares que pasou o manuscrito, datado entre os séculos XIII ou XIV.
Trátase do manuscrito que contén o cancioneiriño do gran poeta do século XIII Martín Codax: as súas deliciosas sete cantigas de amigo, as sete cancións postas na boca dunha mociña namorada («amiga») que agarda, coitada, a chegada do seu namorado («amigo»). É como unha noveliña de amor en sete secuencias, que debería ser filmada. O topónimo Vigo, aparece mencionado, nos 98 versos do cancioneiriño, 21 veces, o que ten feito pensar aos estudosos que o autor deste prodixioso relato poético, Martín Codax, ou era de Vigo ou tivera relación estreita con Vigo, daquela unha viliña.
En 1914, un libreiro madrileño non leigo en bibliografía medieval, Pedro Vindel (1895-1921), bateu cun códice do século XIV que contiña un texto de Cicerón de non especial interese (De officiis), texto encadernado cun pergamiño de vitela (de xuvenca) no que figuraban unha presa de versos coa súa notación musical
Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario