Ao final hai un vídeo que explica claramente a Revolta Irmandiña.
venres, 24 de novembro de 2017
A REVOLTA IRMANDIÑA
Excelente traballo elaborado por Sheila Díaz Silveira (3ºESO) sobre un episódio moi importante na historia de Galicia.
Ao final hai un vídeo que explica claramente a Revolta Irmandiña.
Ao final hai un vídeo que explica claramente a Revolta Irmandiña.
luns, 13 de novembro de 2017
BIOGRAFÍAS
Magníficos traballos sobre a biografía de científicos realizados polos alumnos de 2º ESO
Traballo de Yaiza Mata sobre Hedy Lamarr
Hecho con
Alba Señarís sobre Marie Curie
Ana Vázquez sobre Isaac Newton.
Tes que ver o vídeo 5😀😁😅
Álex Suárez , a tabla periódica.
xoves, 9 de novembro de 2017
PREMIO LAZARILLO 2017
Ledicia Costas faise co Premio Lazarillo de Creación Literaria
É a segunda vez que a viguesa gaña o certame máis antigo da LIX en España.
A viguesa Ledicia Costas (1978) ven de obter, por segunda vez na súa carreira literaria, o Premio Lazarillo de Creación Literaria. No fallo o xurado concede este galardón dotado con 3.000 euros de xeito ex-aequo á novela Plumas e unicornios presentada en galego no orixinal pola autora e á obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.
Plumas e unicornios, de Ledicia Costas, está ambientada no Londres victoriano con marcada influencia da estética steampunk, e ten como protagonistas a Ágata, unha humana mecánica, e ao seu robot Tic-Tac, que emprenden unha viaxe para salvar a vida ao máxico León, o seu grande amigo, sen saber que os persegue Jack o Destripador. Para o xurado, a obra crea un universo de fantasía orixinal poboada de poderosas personaxes. Unha representación da loita do ben y do mal cunha literatura extremadamente coidada. A obra verá a luz en Edicións Xerais baixo o título A balada dos unicornios segundo confirmou a autora.
Os Premios Lazarillo, os máis antigos na literatura infantil e xuvenil en España, están convocados pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ledicia Costas xa gañou este mesmo premio en 2015 pola novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (eds. Xerais). Este ano concursaron nesta categoría un total de 68 obras, delas 56 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 3 en catalán. A entrega dos premios terá lugar na inauguración do XLI Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid, o vindeiro 13 de decembro

DÍA DA CIENCIA EN GALICIA
A exposición Día da Ciencia en Galicia (Científicos Galegos 2008 - 2017) está actualmente no Colexio La Salle de Santiago
A exposición Día da Ciencia en Galicia, posta a punto pola RAGC en colaboración co Consello da Cultura Galega, presenta unha breve semblanza biográfica e profesional dos 10 Científicos Galegos proclamados como tales pola RAGC de 2008 a 2017. Inaugurouse no Pazo de San Roque con motivo do Día da Ciencia en Galicia e actualmente está no Colexio La Salle de Santiago. A súa finalidade principal é contribuír á Cultura Científica da sociedade galega, neste caso a través dos alumnos do Colexio. Posteriormente levarase a otros centros e institucións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)