xoves, 9 de novembro de 2017

PREMIO LAZARILLO 2017


Resultado de imagen de ledicia costas libros     

Ledicia Costas faise co Premio Lazarillo de Creación Literaria

É a segunda vez que a viguesa gaña o certame máis antigo da LIX en España.
A viguesa Ledicia Costas (1978) ven de obter, por segunda vez na súa carreira literaria, o Premio Lazarillo de Creación Literaria. No fallo o xurado concede este galardón dotado con 3.000 euros de xeito ex-aequo á novela Plumas e unicornios presentada en galego no orixinal pola autora e á obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.
Plumas e unicornios, de Ledicia Costas, está ambientada no Londres victoriano con marcada influencia da estética steampunk, e ten como protagonistas a Ágata, unha humana mecánica, e ao seu robot Tic-Tac, que emprenden unha viaxe para salvar a vida ao máxico León, o seu grande amigo, sen saber que os persegue Jack o Destripador. Para o xurado, a obra crea un universo de fantasía orixinal poboada de poderosas personaxes. Unha representación da loita do ben y do mal cunha literatura extremadamente coidada. A obra verá a luz en Edicións Xerais baixo o título A balada dos unicornios segundo confirmou a autora.

Os Premios Lazarillo, os máis antigos na literatura infantil e xuvenil en España, están convocados pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ledicia Costas xa gañou este mesmo premio en 2015 pola novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (eds. Xerais). Este ano concursaron nesta categoría un total de 68 obras, delas 56 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 3 en catalán. A entrega dos premios terá lugar na inauguración do XLI Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid, o vindeiro 13 de decembro

Ningún comentario:

Publicar un comentario