xoves, 2 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019  Antón Fraguas



 O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Antón Fraguas Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento Nado en Insuela, (Cerdedo-Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística
Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega.

                                 Guía das letras galegas pincha nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario