martes, 16 de outubro de 2018

Recomendacións de lectura


13-14 anos: 2º ESO
As meigas de Lupa, María Solar, Ed. Xerais, 120 páxs. Comentario



María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
·         Unha estrela no vento, Ledicia Costas, Ed. Xerais, 224 páxs. Comentario 
Resultado de imaxes para unha estrela no ventoUnha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
·         O misterio das badaladas, X. P. Docampo, Vía Láctea, 127 páxs. Comentario /// Opinións
·          O pazo baleiro, Xabier P. Docampo, Anaya, 146 páxs. Comentario
Resultado de imaxes para o pazo baleiro A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor –que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso–, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás.
Resultado de imaxes para das cousas de ramon lamote·        
Das cousas de Ramón LamotePaco Martín, SM, 144 páxs. Comentario /// Opinións
Das novas cousas de Ramón LamotePaco Martín, Galaxia, 182 páxs /// 
Comentario
O dicionario de Carola, Carmen Gómez Ojea, Edebé páxsComentario Nila non é feliz, é unha moza solitaria que vive  intranquila na corda frouxa dunha inestabilidade emocional. Un día compra un dicionario de latín de segunda man. Segundo comproba, pertencera a unha tal Carola Biga, quen dez anos antes de que a propia Nila nacera escribira o seu nome e unha data con letra aínda infantil. a partir dese momento, a moza obsesiónase por coñecer a propietaria dese libro ateigado de emocións./// Opinións
Sempre quenta o sol·         Sempre quenta o sol, A. García Teijeiro, Alfaguara, 96  a historia do neno que soña con formar parte dun grupo de rock; ou a do avó co que todos fomos cómplices e compartimos algún segredo; ou aqueloutra da nena que se nega a perder a súa avoa, que representa para ela as raíces da súa propia existencia”. páxsComentario /// Opinións
·         Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Xerais, 96 páxsComentario /// Opinións
Resultado de imaxes para amor dos quince anos·          Amor dos quince anos, Marilyn, Agustín Fernández Paz, Xerais, 176 páxsComentario Como ocorría en Contos por palabras, son os anuncios breves dos xornais a orixe destes textos, que aquí teñen unha meirande complexidade e extensión. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder mais que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un fantasma que regresa, como cada vinte e cinco anos, ao vello pazo familiar… Estas son algunhas das situacións que fixeron nacer os relatos deste volume. Un libro que constitúe unha homenaxe ao cine e aos seus mitos, no centenario do seu nacemento, e que manifesta a súa vontade de enlazar coa tradición literaria galega e coa literatura infantil universal. /// Opinións
As flores radioactivasAgustín Fernández Paz, Xerais, 120 páxsComentario  ///Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz.


Resultado de imaxes para rapazasRapazas, Agustín Fernández Paz ,2007 Xerais, 136 páxs. Comentario ¿Qué estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia. A nova edición de Rapazas dentro da colección Fóra de Xogo foi totalmente revisada polo autor, que reescribiu cada un dos contos publicados por Xerais en 1993.

·         O ceo dos afogadosFrancisco Castro, 2007Xerais, 180 páxs. Comentario Todos os delfíns  de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando. 
     O ceo dos afogados, primeira novela de Francisco Castro na colección Fóra de Xogo e finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, aborda -baixo a aparencia dunha novela de aventuras e intriga- a importante cuestión da comunicación dos seres humanos cos animais e o desenvolvemento sostible do planeta.

·         Dragal I, A herdanza do dragónElena Gallego Abad, Xerais, 264 páxs. Comentario //Booktrailer da triloxía///
dragal. a herdanza do dragon-elena gallego abad-9788499141343    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. 
     Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de Dragal , o dragón galego.

14-15 anos: 3º ESO
O corazón de XúpiterLedicia Costas, 2012Xerais, 224 páxs. Comentario 
Resultado de imaxes para o corazon de xupiterNon foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
·         O centro do labirintoAgustín Fernández Paz, 2008Xerais, 206 páxs. Comentario
Resultado de imaxes para o centro do labirinto A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Nos anos nos que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desiguladades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra. A narración de O centro do labirinto comeza cando a doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 e vive en Berlín, decide facer, de incógnito, unha curta viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo, adolescente, David. Este sufrirá un accide...

Resultado de imaxes para leonel anton cortizas LeonelAntón Cortizas, 2009Xerais, 220 páxs. Comentario
Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixonante da súa vida. E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixonante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana...

·         RebeldesS. H. Hinton, Alfaguara, 185 páxs. Comentario
Rebeldes (Serie Roja)·         O mundo de dous adolescentes envoltos nas rivalidades entre as bandas dos suburbios de Nova York. A marxinación, a delincuencia xuvenil, a morte.. todo desde un narrador protagonista (Ponyboy). Foi levado ao cine con éxito.

·         Diario dun xove maniático Eu tamén son maniática, A. Macfarlane e A.M, Xerais Comentario
·         Dous libros para adolescentes xa famosos en todo o mundo europeo. Feitos por expertos e con consellos sobre todo aquilo que preocupa na adolescencia, o primeiro para eles e o segundo para elas
·       





investigacion 091-pepe carballude-9788497825603            Investigación 091Pepe Carballude, SM. Comentario /// Opinións
     A aparición do cadáver de Sonia Cambeiro, unha nena de dez anos, vítima dun axuste de contas entre narcotraficantes, e o secuestro de Cachi, un camelo do instituto de Secundaria, mobilizan á policía en Areal do Conde. A intervención de Manolo Longueira, un novo profesor de inglés do centro, a afouteza de Rosa, a telefonista que recaba información para a revista Pulso semanal, e as pesquisas de Xavier Cabaleiro, un alumno enfermo de hepatite, e do seu pai permitirán desenredar o complexo nobelo tecido polos capos dunha rede mafiosa sen escrúpulos asentada nesta vila mariñeira das Rías Baixas.
·         Mecanoscrito de segunda orixeManuel de Pedrolo, Galaxia, 172 páxs.Comentario
·         A casa da luz, Xavier P. Docampo, Xerais, Comentario
·         Alicia (rapaza rebuldeira e traste) e os seus catro amigos (Álvaro, Aida, Anxo e Alba) anda a construír unha cabana de xestas e paus no Campo da Igrexa de Eiravella. E nestas chega Pumariño, un home duns setenta anos que fala con debuxos no chan e anda a picar nas paredes da casa. El sendo neno viu cómo lle mataban o pai na guerra e agora desfai valados para topar o ouro que agachou seu pai canteiro.
·         Guía para xoves maniáticos, Aidan Macfarlane, Ann McPerson, Xerais, 216 páxs.Comentario
Quedarei embarazada a primeira vez? Cal é o tamaño medio dun pene? Teño exceso de peso, que podo facer? Se probas un cigarro, xa te fas adicto? Como sabes se es gai? Canta cantidade de alcohol é razonable beber nunha festa? Este libro resposta a estas e moitas outras preguntas reais tiradas dos milleiros de e-mails recibidos na páxina web (teenagehealthfreak.org) que manteñen Aidan Macfarlane e Ann McPherson, autores tamén dos best sellers mundiais, traducidos ao galego e publicados dende hai trece anos por Xerais, “O novo diario dun xove maniático” e “Diario  da outra maniática”.
·         A chave das nocesXavier P. Docampo, Vía Láctea, 166 páxs. Comentario /// Opinións
      Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar.A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais.Entre a tépeda rede que tece Severo, o matón que fai os traballos sucios e cobre as costas dos patróns, Mauro irá descubrindo os puntos onde a droga e a prostitución conectan cos negocios «decentes», como tamén se entrecruzan os mundos da xuventude e dos adultos. Ao final saberemos quen son os que levan os beneficios e quen as miserias destas relacións.
·         AriadnaXosé Miranda, Xerais, 128 páxs. Comentario
ariadna-xose miranda-9788483027691Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta afastaranse no Cristal Palace, un dos dous únicos puntos de presencia humana no planeta virxe, no Paraíso Perdido do que a humanidade emigrara uns séculos antes. Alí atópanse cunha banda de foraxidos, con criaturas nativas semihumanas e cun científico coroado por un nimbo de luz. Hai unha rapaza robot, Preciosa, que se cre humana e que pregunta constantemente pola súa familia, e un rapaz de ollada triste e andares extraños. No seu primeiro día de estancia no planeta saen á caza de unicornios. O fío que une a Adriana e Ariadna vaise adelgazando nese labirinto constituído por un planeta enteiro.
Ariadna, a última novela de Xosé Miranda, é unha obra de ciencia ficción engaiolante. Unha novela de aventuras trepidante, enfiada por una intriga permanente. Unha viaxe á procura da felici...

·         Anxos en tempos de chuvia, Miguel Vázquez Freire, Xerais, 214 páxs. Comentario
      Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade 



o tesouro das animas (meiga moira nº6)-conchi regueiro-9788496526457·         O tesouro das ánimasConchi Regueiro, Baía Ed. 248 páxs. Comentario /// Opinións
       No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave. Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. 
A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun vídeoxogo de última xeración. 

Veleno tinto: Ramón Carredano Cobas·         Veleno tintoRamón Carredano Cobas, Xerais, 186 páxs. Comentario
       Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual

·         Quen matou a Inmaculada de Silva?Marina Mayoral, Xerais, 183 páxs. Comentario /// Opinións
      Etelvina de Silva, orfa de nacemento, educada en Madrid dende moi nova polo seu tío Alberte, durante o curso escolar e o verán que pasou en Brétema, na casa das súas tres tías avoas, descubre a súa vocación literaria. Axudada pola súa curmá Catara e por Juancho, un compañeiro do instituto con ansias de artista do que se namora, acometerá unha investigación no seu pasado familiar, que a levará a tratar de averiguar que sucedeu realmente aquela noite na casa familiar da Braña, onde hai tres décadas morreron Antón do Cañote, un fuxido, un loitador sen esperanza, e Inmaculada de Silva, unha antepasada, unha beleza, unha cazadora de primeira, a quen todos din que ela moito imita. Tras esta experiencia, Etel sabe que será escritora, a súa maneira de deixar unha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que na literatura como no amor sempre hai cabos soltos.

corazon de chocolate-9788499141107·         Corazón de Chololate  (1, Un misterio para Tintimán en Compostela)Jaureguízar, Xerais, Comentario. Este é o primeiro libro da serie do investigador/xornalista Titntimán. Cada libro homenaxea unha cidade galega. Por iso o primeiro tiña que ser na capital, en Compostela.O protagonista é un mozo de 16 anos. Seus país separáronse hai anos e seu pai morreu exercendo a súa profesión de reporteiro despois de contar in sito case todas as guerras e revoltas do últimos anos no mundo. Súa nai é médica en Santiago, vive con Anselmo, profesor de historia no instituto do protagonista e teñen adoptada unha meniña chinesa. O caso é que Don Anxo (Director do Diario) séntese culpable por non lle ter dado ao xornalista morto un chaleco antibalas e vai protexer ao fillo: déixalle que ande polo xornal e dálle uns cartos para que poida sobrevivir prohibíndolle que se dedique á profesión. O rapaz herda un curioso gato de seu pai ao que trata de señor e co que se comunica mentalmente. Ten unha medio moza, Mónica, a máis guapa da clase e vaise ir vivir só ao apartamento do pai nas Hortas. Un día indo polo Obradoiro o gato métese na Catedral e aí comeza o misterio deste libro. Acabarán nunhas galerías secretas da Catedral. E á conta diso irán descubrindo unha interesante e nova historia sobre Colón e o Descubrimento das Américas, sobre unha Irmandade de Xelmírez, sobre a morte dun cura ao que lle cae enriba o Botafumeiro. 
Resultado de imaxes para a coroa de napoleon·         A Coroa de Napoleón (2, Un misterio para Tintimán na Coruña)Jaureguízar, Xerais, 124 páxs, ComentarioO segundo libro de Un misterio para Tintimán desenvólvese na Coruña. O aprendiz de xornalista e detective é enviado por don Anxo, o director do xornal compostelán á Coruña para cubrir os actos conmemorativos da batalla contra os franceses. Terá que buscar un disfrace para introducirse nun grupo de xente vestida para a ocasión. Vai coñecer a unha fermosa cantineira, Sonia, que lle vai axudar nestas aventuras provocando os celos de Mónica a súa medio moza santiaguesa. Tamén vai necesitar a axuda do seu padrasto que é profesor de Historia no instituto do rapaz e que tamén lle xustifica as faltas continuas ante o titor. Coma sempre, o seu gato Señor Grozni vai ter un papel importante na aventura. O caso é que o Goberno Francés envía a Coroa de Napoleón para a celebración e un misterioso cabaleiro vaina roubar diante dos ollos de toda a cidade e autoridades. O xornal encarga a Tintimán que a recupere e escriba a historia. Mais a cousa complícase e aparece enleado na historia o mesmísimo Napoleón, a Torre de Hércules, o historiador Cornide… Mais poucas cousas se lle resisten ao noso investigador. O libro lese nun plis plas… E adianta que a seguinte aventura será na muralla de Lugo.///  Opinións
Amor de serea (3, Un misterio para Tintimán en Vigo)Jaureguízar, Xerais, 128 páxs. Comentario Di a editora: Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.
A boca do inferno (4, Un misterio para Tintimán en Ourense)Jaureguízar, Xerais, 144 páxs, Comentario Di a Editora: Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados. O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento. Soamente Tintimán, un reporteiro de 16 anos, poderá impedirllo. Conta coa axuda do seu gato, Señor Grozni, e de Mónica, unha amiga que teima en ser a súa moza. Tintimán vivirá unha nova aventura con amor e misterio na cidade das Burgas.
·         MarxinadosPepe Carballude, Galaxia, 140 páxs. Comentario
·         A neve interminableAgustín Fernández Paz, Xerais, 192 páxs, ComentarioUn equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. 

·         As horas roubadas, María Solar, Xerais, 232 páxs, Comentario      
A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario