luns, 25 de marzo de 2019

Karen Uhlenbeck, a primeira muller ‘Premio Nobel’ de Matemáticas   El País 03/2019Karen Uhlenbeck

Hai poucos días fallábase o Premio Abel 2019 e era para a estadounidense Uhlenbeck, firme defensora da igualdade de xénero na ciencia e creadora en 1993 do programa ‘Mulleres e Matemáticas’ para dar visibilidade ás investigaciones científicas. Algúns membros da Royal Society recoñecen que o premio para ela chega algo tarde, porque os seus logros contribuíron aos maiores avances nas matemáticas dos últimos corenta anos.
A matemática estadounidense é a primeira muller que recibe o Premio Abel, creado en 2002 para celebrar o bicentenario do nacemento do matemático noruego Niels Henrik Abel. Outros 19 homes gañaron este galardón desde entón. Xa en 1988, Uhlenbeck denunciaba que a discriminación explícita non era oúnico obstáculo na súa disciplina. “Un dos problemas máis serios que teñen as mulleres é facerse á idea de que existe unha sutil falta de aceptación cara elas e que teñen que actuar en consecuencia”

Nada en Cleveland hai 76 anos, traballou con ecuacións en derivadas parciais, desenvolvidas orixinalmente pola necesidade de describir fenómenos como oelectromagnetismo, pero que agora se utilizan en multitude de contextos, como o estudo das formas do espazo en varias dimensións.

“Son matemática. Os matemáticos facemos investigacións exóticas, así que é difícil describir exactamente o que fago en términos sinxelos”, recoñecía a científica, profesora emérita da Universidade de Texas en Austin.


Ningún comentario:

Publicar un comentario