domingo, 21 de xuño de 2020
domingo, 31 de maio de 2020
Información de UNICEF sobre Coronavirus
O departamento de Educación de UNICEF elaborou unha documentación en relación ao coronavirus e a infancia.
Para os nenos e nenas, esta situación faise aínda máis complexa, xa que en moitas ocasións non entenden ben o que está pasando e dun día para outro viron como súa rutina desaparecía, non poden seguir asistindo ao seu centro educativo nin compartindo vida social.
Pero os momentos de crise son tamén un momento de oportunidade e un momento para compartir. É por isto que nas seguintes ligazóns podemos atopar as últimas publicacións que está facendo UNICEF e compartindo tanto por redes sociais como cos centros educativos cos que traballan desde UNICEF Galicia:
-Como explico unha epidemia aos máis pequenos?- https://www.unicef.es/educa/blog/explicar-epidemia-educacion-infantil
-O novo coronavirus e o dereito á educación- https://www.unicef.es/blog/nuevo-coronavirus-derecho-educacion
-#EducaCOVID19: Por qué é importante educar sobre o coronavirus?: https://www.unicef.es/educa/blog/covid19-por-que-es-importante-educar-sobre-el-nuevo-coronavirus
-Para plantar cara ao novo coronavirus en casa: Uso saudable das tics: https://www.unicef.es/educa/blog/uso-saludable-tics
-Educación contra o coronavirus: 10 tarefas da rutina diaria: https://www.unicef.es/educa/blog/10-tareas-rutina-diaria-familia

Aprende coas mulleres galegas
O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral de Igualdade pretende achegar unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Concepción Arenal e Ángela Ruiz.
Maruja Mallo
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.
Mª Victoria Moreno
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño".
Ángela Ruiz Robles
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.
Concepción Arenal
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.
Ángeles Alvariño
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.
Ernestina Otero
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na unversidade.
Mª Josefa Wonenburger Planells
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afecionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.
Emilia Pardo Bazán
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.
Olimpia Valencia
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller.
Filomena Dato
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema "En defensa das mulleres" está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura.
Isabel Zendal
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato.
Rosalía de Castro
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes deo Rexurdimento galego.
Antonia Ferrín
Descarga e imprime a unidade didáctica e actividades en pdf.
Antonia Ferrín fou unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)