martes, 3 de novembro de 2015


En galego tamén se fai ciencia

CIENCIA TAMÉN EN GALEGO 


Xavier Alcalá- Profesor do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña e director da Oficina de Programas Internacionais de I+D+i da Xunta de


Beatriz de Carlos- Profesora de Física e investigadora na Universidade de Southampton  
Ángel Carracedo- Profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Grupo
Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela
   

Marcos Mariño Profesor do Departamento de Física Teórica e Sección
de Matemáticas da Universidade de Xenebra

vídeos

Curtas e películas interesantes

CURTAS PARA O MES DO MEDO

xoves, 22 de outubro de 2015

RELATOS DO SAMAÍN 2015


A CHAMADA DA MORTE

Abel Romero Lamas 3º ESO

                                                                            A aguia voa soa, os corvos en bandadas. 
                                                                           O necio ten necesidade de compañía 
                                                                                                        e o sabio, de soidade.
                                                             Friedrich Rückert

Tocaban as campás da Igrexa, a un son lento e espazado; a morte. A veciñanza saía das súas casas coa pregunta no maxín, quen morrería?, xa comezaba o alporizamento de sempre. Apurábase a facer as tarefas, para ao anoitecer durmir co defunto.
Estabamos no outono, preto da matanza do porco, onde os días comezaban a acurtarse; alfombras de néboa cubrían os amenceres e solpores de Fontán. Corvos  grandes e escuros grallaban a morte. Xa transcorreran días con ese corveo e  os vellos dicían que unha morte estaba preto, e así foi.
Fora Eusebio, o da Aldea de Arriba, un home serio, de mirada profunda, ao  cal a face tornáralle denegrida e tristeira, ollada húmida sen bágoas á que tanto temen os vellos cando presenten a morte. Eu, era de me fixar e levábao fitando durante xa varios días, presentía algo na súa compostura, non era o de sempre. A beiriña das noites, cando todo estaba sosegado e silandeiro, saía pola porta de atrás, rumbo á Igrexa, mais non se detiña, proseguía ata chegar ao cruceiro, agardaba un pouco e ao sentir o son das cadeas, un son acompasado e inconfundible; erguíase e coma se dunha procesión se tratase emprendía o seu camiño envolto na vaga néboa co seu arrecendo. Era  un camiñar lento e silente que manaba temor e que sempre volvía ao punto de partida, o cruceiro; onde Eusebio se volvía a amedrentar, e aquel abrigo de néboa e frío difundíase sen máis. Aquel feito era o mesmo  todas as noites, ata ese venres no que soaron as campás e dixeron que morrera. A min non me estrañara nada, eu de antemán xa o sabía, era algo que levaba cargando  de un tempo atrás.
Os corvos seguían grallando dende o abrir do día, aquel son introducíaseme nos oídos, encrechábame os pelos e perseguíame a onde queira que fose. O meu corpo inquedo presentía outra morte e xa tiña rostro. Chegou o venres e as campás da Igrexa tocaron de novo e a néboa, aquela néboa espesa e fría volvía a asolagar a aldea de novo. Outro morto! Pombo, o da Ponte. No seu enterro só se falaba dos corvos e de morrer os venres.
No cruceiro seguiu habendo os mesmos movementos, a mesma néboa, a mesma friaxe e o mesmo soar acompasado de cadeas; un desacougo inmenso de ánimas encerradas preto, nas tumbas do Campo Santo. Os veciños estaban á sospeita, e eu moito máis, vivía amedrentado, levaba unha carga ás miñas costas e, como explicalo, tomaríanme por tolo. Xa pasaran varias semanas e era raro que os martes ou venres non soaran as campás .
 Aínda recordo aquela tarde triste con aquel corvo pousado no cume do cabazo, chovía e  un vento lene acariñábache  a  cara, coma se dun veo se tratase,  as follas non paraban de brincar arredor, pero a chuvia seguía caendo miúda e sen pausa. O día non se prestaba máis que para estar ao carón dunha boa larada cun vasiño de viño, á espreita  dun clareo. Estando nestas, apoiado na mesa, a cabeza íase, podía máis o cansazo. O lume foise apagando pouquiño a pouco, a ventá abafouse e os ollos pecháronse…, de súpeto, como da nada, asobállaseme o peito, un rostro, este non tiña dono. Uns berros desacougados saían do cuarto; era miña nai, meu pai acababa de fitar. A ventá desabafábase, a choiva cesaba e aqueles endiañados corvos seguían barullando ao lonxe…,  eu sen alento, saco folgos dende o máis fondo. Era venres, todo comezaba de novo…, outro rostro, aquel desacougo e un só desexo: marchar de Fontán.



A FAMILIA SOUTO Lidia Domínguez 4ºESO

Ela dicía que tiña amigos, pero nunca a vin con rapaces da súa idade. Cando a rapaza empezou a falar soa, os seus pais non lle deberon de dar importancia, xa que aos 6 anos, calquera se inventa un mundo imaxinario no que non haxa normas que seguir. Eu estaba sen unha perna e non acostumaba a saír moito da casa, polo que non coñecía a seus pais, nin a case ningún dos veciños da vila. E como unha persoa maior non ten moito que facer, acostumaba observala dende a ventá do meu cuarto cando corría e saltaba por la rúa, pero sempre a vía soa. Era una nena loura moi fermosa, tiña un sorriso cheo de vida, e uns ollos que brillaban tanto coma os dos gatos pola noite.
Adoitaba vir a visitarme de cando en vez para falar, e eu escoitábaa e trataba de entendela. Pero só me contaba que tiña medo de perdelos, de que non quería quedar soa no mundo. Eu pensaba que o dicía por seus pais, e dicíalle que sempre me tería a min, pero ríase e dicíame con esa voz doce tan característica dela, que una vella de 60 anos non era compañía para una nena de case 7 anos.
Pasou o tempo e esa nena de case 7 anos converteuse nunha rapaza de case 10 anos. Pero xa non era a mesma de antes. O seu sorriso cheo de vida desaparecera, e os seus ollos brillantes escurecéranse ata tal punto que se confundían agora coa máis absoluta escuridade.
Non acostumaba vir tanto a verme, pero o día do seu décimo aniversario, chegou á miña casa chorando, cun corte no labio e hematomas na pel. Nada máis vela, pregunteille qué fora o que sucedera, pero non era capaz de falar. Esa noite durmiu na miña casa, e como non paraba de dicir que seus pais non a entendían, imaxinei que foran eles os que lle pegaran. Ao día seguinte pediume se podía quedar uns días máis comigo, porque dicía que así eles non a ían encontrar. Non foi ata a noite do segundo día, cando me atrevín a preguntarlle por qué escapaba de seus pais. Ela miroume confundida coma se eu non entendera nada do que lle estaba a ocorrer. Pedinlle entón que mo explicase. Ela sentouse e comezou a falar cunha voz tan ferida e destrozada que temín que se botase a chorar en calquera momento.
    - Non escapo de meus pais. Escapo de eles.
    - Pero quen son eles? –preguntei confundida.
    - Os meus amigos Hugo e Teo. Pero non me viches xogando con eles na rúa ou qué?

Aí foi cando descubrín que a rapaza non só se inventaba mundos imaxinarios, senón que tamén se inventaba ás persoas coas que falaba. Quedei en silencio, xa que non sabía qué lle había dicir. Ela tamén  quedou uns segundos calada, pero de repente escurecéuselle a cara e empezou a berrar: encontráronme, encontráronme!
Fixeime na súa mirada e vin que a tiña posta en algún punto detrás de min. Vireime, pero aí non había nada nin ninguén. Estaba intentando convencela de que estabamos nós as dúas soas na habitación cando, de súpeto, un zapato saíu voando dende detrás de min en dirección a ela. Volvinme a virar, asustada, pero aí seguía sen haber ninguén. Entón vin horrorizada como alguén tiraba da camiseta da rapaza e a intentaba sacala fóra da casa. Eu non sabía qué facer, xa que a miña lesión, por culpa da cal estaba en cadeira de rodas, non me daba moita mobilidade. Así que simplemente corrín e corrín na súa busca. Estiven varias horas percorrendo a vila na procura da rapaza, pero non a encontrei. Decanteime entón por preguntarlle a un veciño que viña andando na miña mesma dirección.
- Perdoe, viu vostede a Melody?
- A quen?
Deime de conta de que non tiña información ningunha sobre a nena. Pero aínda así, tratei de describila o mellor que puiden.
          - Unha nena loira cun sorriso cheo de vida e uns ollos moi brillantes. –dixen recordando cómo era ela con 7 anos.
Ao home escurecéuselle a expresión.
         -Espero que isto sexa unha broma. Naquela casa de alí vivía fai 4 anos a familia Souto, e a filla menor chamábase Melody, e é a única persoa que coñezo de aquí que pode encaixar perfectamente coa descrición”. –dixo o home sinalando unha casa completamente derrubada e queimada.
Quedei sen palabras. Esa noite non durmín, nin todas as noites que lle seguiron a esa.
Non decidira deixar testemuña deste feito, ata que a volvín a ver a ela e á súa familia, e dixéronme que debía descubrir rápido o que lles fixeran, antes de que me chegara a hora. Ao principio pensei que estaba soñando, pero logo decateime de que estaba esperta, xa que cando soñas, non te plantexas a idea de estar ou non esperto.
Por iso sei o que vin. E sei que me queda pouco tempo de vida.
Pero o tempo que me quede, prometo pasalo investigando a morte da familia Souto, e os misteriosos amigos da rapaza Hugo e Teo.  


Lidia Domínguez, 4ºESO



Conto de medo


A mansión encantada Eloy Fraga 2º
 Resultado de imaxes para imaxes de mansions en blanco e negro
Na aldea onde vivo hai unha mansión. Os meus parentes e os meus veciños din que está encantada porque todos os que compraban a mansión despois dun ou dous meses empezaban a escoitar ruídos ,golpes e lamentos e ademais moitas veces caían obxectos de cristal no chan. As persoas asustábanse e marchaban e poñíana en venta , pero aínda que cambiase de dono pasaba o mesmo. 
Un dïa eu e uns amigos ocorréusenos entrar na mansión para ver se era verdade o que dicían os veciños. Ao chegar a noite collemos unha cámara e entramos na casa. Estabamos na porta e non pasou nada ,entón empezamos a subir as escaleiras e eu sentín que algo me atravesara , mirei para atrás e non vin nada. Díxenllo aos meus amigos,pero eles non me creron e seguimos subindo as escaleiras. Cando chegamos ao corredor empezamos a sentir pasos e asústamonos  pero seguimos.
 Media hora máis tarde entramos nunha habitación e vimos unha silla de rodas e cando iamos saír da habitacion sentimos un ruído moi forte e demos a volta ,¡ todo estaba ciscado polo chan!, pero iso non foi o peor ...
Cando estabamos no corredor vimos as escaleiras que subían ao terceiro piso e nelas había a sombra dunha muller . Entón salimos correndo cara o primeiro piso                   

pero cando volvimos a subir xa non estaba e decidimos seguir ata o terceiro piso. Ocorredor estaba todo roto e entramos nun cuarto encontramos o corpo dunha muller e sangue derredor e saímos correndo fóra da mansión e non volvemos a entrar nela. 
Aí acabaron todas as nosas ansias de aventura para sempre.
                                                                                                   ELOY FRAGA GONZALEZ     2ºESO

Samaín 2015


      O lobo endemoñado 
 Pedro Martínez 2ºESO
Contan as lendas máis antigas e tenebrosas que xamais imaxinarías, que nas profundas e incontables fragas galegas, habita unha especie que moi poucos coñecen, esta especie é un tipo de ser que deambula entre demo e animal.
Este enxendro coñécese como "lobo endemoñado" e, son moitos os que nin se atreven a pronunciar este nome, porque se pronuncias o seu nome máis de tres veces a partir das doce da noite, é posible que recibas unha inesperada visita. 
Contan os temerarios que tiveron a coraxe de facelo e sobrevivir, que nunca viran nada igual, un ser que semella estar endiañado, duns dous metros de altura, cuns dentes coma angazos e unha mirada que xa só con ela semellaba ser capaz de facer arrecuar un exército enteiro.
Pero non quedaba aí, a parte de contarse por miles, vivían en covas ás cales levaban as súas vítimas, a maioría nenos que andaban xogando polos camiños cos seus amigos, e anciáns indefensos que so intentaban prolongar as súas tristes vidas paseando polos antigos camiños .
Así que, xa sabes , non pronuncies tres veces "lobo endemoñado" se non queres que a túa vida chegue ao seu fin antes do que debería



29 DE FEBREIRO
Ana Queijo Canedo
2º ESO
Fai uns 20 anos, na miña casa ao carón do lar, meu bisavó contoume unas historias reais sobre os anos bisestos. Como todos sabedes, os anos bisestos danse cada catro anos debido a que se lle engade un día ao mes de febreiro. Na nosa aldea os días de martes 13 nunca ocorría nada malo, senón que ocorría os 29 de febreiro.
29 de febreiro de 1934 ( ano bisesto )
Pepe, un veciño de meu bisavó, tiña uns cans de caza dos mellores xa adestrados para cazar coellos. Esa mañá erguérase moi cedo para preparar a escopeta e ir cos cans para o monte. Estaba todo anubado, perfecto para cazar. Ao chegar ao monte, Pepe ceibou os cans e empezaron a mirar por todos  lados a ver se daban cun coello. Pasaba media hora e nada, non atopaban ningún coello. Pepe moi paciente decidiu esperar outro anaquiño máis. De súpeto comezou a chover moi forte, desapareceran os cans, non había rastro deles. Pepe corría por todo o monte na súa procura ata que xa  cansou de mirar. Quedou quedo no sitio, cerrou os ollos, abriunos mirou ao seu redor e viu unha sombra negra que o rodeaba e baduaba, Pepe caiu no chan, morrera.
Non se sabe que foi esa sombra pero o que si que saben é que levaran a un veciño moi querido por todos.
29 de febreiro de 1970 ( ano bisesto )
Carme, a tía de meu avó, estaba tranquilamente facendo o xantar . Ese día tiña que facer  moita comida, xa que viñan  xantar os primos de Suíza. Non podía faltar o freixó,os cachelos, as nabizas ,o chourizo… ese día tiñan menú completo. Xa posta a mesa, sentaron todos, incluído os primos. Todos tiñan unha cara de felicidade por volver a verse e pola exquisita comida que preparara Carme.
Todos estaban tranquilamente comendo cando de repente un dos primos ( Pedro ) empezou  a tusir sen parar. Carme a pobre, chamou a unha meiga moi sospeitosa, que falaba o xustiño e que se lle pagabas o que ela che pedía facía  unha especie de beberaxe que curaba o mal. A meiga empezou a mesturar ingredientes doutro mundo, sabe Deus que era iso que lle engadía. Mandoullo tragar todo a Pedro, que mentres o estaba tomando, xa lle pagaran o que a meiga lles pedirá. Cando xa o acabou foi correndo ao baño, a meiga xa se esfumara. O noso querido Pepe fora envelenado.
Agora, no presente, eu estou co medo de que pasará no seguinte ano bisesto, o 2016.

xoves, 15 de outubro de 2015

Porque Cuqui non quere ir á lavadora, 

conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir
É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán.
Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas.
Este álbum ten interes para a lectura en familia e a través del podemos 
establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

martes, 13 de outubro de 2015

Rosalía Morlán: “Os anos de nenez na aldea marcáronme moito e iso plásmase na poesía para nenos”

Rosalia Morlan
Unha persoa incapaz de vivir sen soños. Isto é o que responde Rosalía cando se pregunta por ela, pola súa forma de ser, pola súa persoa. Imaxinan unha definición mellor para alguén que escribe poesía para nenos? Eu non. Imaxinan unha definición mellor para alguén que se dedica a coidar enfermos? Eu non. Imaxinan unha definición mellor para quen se dedica á docencia. Exacto. Eu tampouco.