xoves, 19 de abril de 2018

LÍRICA POPULAR


LÍRICA POPULAR


REFRÁNS

O que de novo non aforra un misto, de vello non ten un cristo.


O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.

Fachenda na casa, fame na praza.

Ano de herba, ano de merda.

Sogros e porcos só son bos despois de mortos.

O que sementa antes de santa Catalina, moita palla e pouca fariña.

No mes de San Xoán, pícanlle as pulga no rabo ao can.

O amor é lume, pero nel non ferve o caldo.

Nos Santos, neve nos altos; no San Andrés, neve nos pes.

No mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo o caldo cos untos.

Do rapo a rabola, que veña o demo e que escolla.

Aire de Suan, auga na man.
            (leste)

Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.

CANTIGAS


O carballo da Portela
abanea mais non cae,
así fai a boa nena
se se guía por seu pai.


Miña nai, miña naiciña,
como miña nai ningunha,
que me lava a cariña
coas bagüiñas da súa.

Miña nai xa vén aí,
está recollendo no gando,
fálalle con moito xeito
que ten un xenio moi malo.


Unha vella dixo a outra
 polo furado da porta 
ti goberna a túa vida 
que a miña nada che importa


Que ben fixeron teus pais
en facerche costureira,
cando chove non te mollas
e se quenta o sol non te queimas.

ADIVIÑAS


 Anda e non ten pes,
come e non ten boca,
e toda a comida lle parece pouca.

Son branca como a neve,
e doce como o mel,
eu alegro os pasteis,
e o leite co café.

xoves, 12 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA

Poema a miña cadela

As túas orellas longas destacan

e as túas patiñas brancas conquistan

Recordo cando diante da estufa 

durmías ti, miña cadela Trufa.

 Con ese ollos cor dourada

a miña fedella, traste, aloucada,

faste maior e poste toda rufa,

miña pequena e queridiña Trufa.

                María Castro Señarís 

1º E.S.O.

Curso 2017-2018

 
                                          Un trinta de agosto                      
                                          no meu corazón apareciches
                                          e dende aquel día
                                          nunca máis me esqueciches.
Resultado de imagen de mini pincher tumblr      
                                          Moito te quero
                                          aínda que as veces pelexamos,
                                         pero iso ten que pasar
                                         para que tanto nos queiramos .

                                     ANTÍA REY COLLAZO  



                        A paisaxe.

Clara López Casas 1º ESO.

 Mira aquela paisaxe,                                                                  

Resultado de imaxes para imagenes de corazones

entrou no meu corazón 

e ese señor co traxe 

e a muller con tacóns.

Desde aquel fermoso día

que aínda non esquecín

eu nunca o lenbraría 

se non te vira a ti.

                                           Non sei que facer sen ti.
                                           Non vivo sen o teu amor,
                                           cando esperto acórdasme.
                                           Non vivo, dáme pavor.
                                           Axúdame a vivir,
                                           non encontro máis calor.
                                           Non dou acariñado o sono,
                                           fáltame o teu gran amor.

                                           Quero ter un bo recordo.
                                           Dóeme o  corazón.
                                           Non sei que será de min,
                                           non te esquecerei amor.
                                                                   Martín Muíño Martínez  1ºESO 


A TERRA       Minerva García Pazos   1º ESO           
Imagen relacionada
Isto é para ti
Polo meu amor cara ti,

Mil Raios de Sol chegan a  ti,
Un deles chega tamén   a min
Miña terra miña, miña,
Grazas a ti podemos comer, beber e rir.




                                A   AMADA CHORA

                                                             Cando a amada chora
                                                             a querida queda soa,
                                                             se falase co amigo
                                                             non quedaría no olvido.
                                                          
                                                            O amigo non quere nada
                                                            e queda soa outra vez,
                                                             non hai quen a queira
                                                            e segue buscando o amor.
                                                                        CRISTIAN CALO DUBRA 1ºESO

ANACOS DE AMOR E DESAMOR   Carla Cancela  3º ESO             

               
Cada palabra que el dicía
oscurecía un pedazo de ti
Acabouse-  dixo un día calquera…
E nese momento, comezou todo.

                 💔
Na cabeza del,
palabras que nunca soltou
Na dela,
promesas que nunca cumpriu
                 💓
-   Non me olvidei do que doeches
nin de como comezou todo,
tres simples palabras : non te vaias…
o meu corazón quedou cazado e condenado.

               💕
-   Ningún medo mata
a menos que teñas tempo para pensar nel
de aí a cabeza sensata
e a felicidade de papel:
libre cando fai vento,
fácil de estropear e destruír
difícil de devolver ao estado orixinal…
             💋 
-   Esperando a oportunidade de ser valente
perde a ocasión de selo
Atrévete covarde!
é a última vez que a verás…
           💖 
-   Dame tempo,
e prometo ser a calor do teu inverno
e o abrigo pola noite
pídeme a man
e dareiche o brazo enteiro.
Dame tempo, dame unha vida compartida contigo.

venres, 23 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA DE TORDOIA

Exposición de xoguetes reciclados 

Xoguetes que realizaron os alumnos do colexio CPI PECALAMA con materiais reciclados: botellas de plástico, cartón, oveiras, vasos de plástico.... Con moita imaxinación e dedicación dos e das profes.
Están expostos na Casa da Cultura do Concello .



martes, 13 de marzo de 2018

VISIBILIZAR O INVISIBLE

Conmemoramos o Día da Muller co obxectivo de "Visibilizar o Invisible". É o noso recoñecemento a ese labor silencioso de moitas mulleres nos distintos pobos do mundo e, tamén, o noso agradecemento ás defensoras da igualdade.


luns, 19 de febreiro de 2018

BUSCAR NA BIBLIOTECA


 BUSCAMOS INFORMACIÓN

A biblioteca a través de internet. 

  • Entramos na web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

  •  En Grupo seleccionamos no despregable: Centros de Ensino. 

  • En Biblioteca seleccionamos: Tordoia - CPI Pecalama

  •  Prememos en “Entrar na biblioteca” 


Prememos en Busca avanzada  e podemos buscar o libro que queiramos ben polo título, ben polo nome do autor, primeiro  o apelido e despois o nome.






domingo, 4 de febreiro de 2018

Formación de usuarios


INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
BIBLIOGRAFÍA E DEREITOS DE AUTOR
Calquera traballo deber contar cun listado das fontes empregadas, a bibliografía. Debemos citar todas as fontes das que tomaramos informacións, citas, imaxes, sons, gráficos... para así recoñecer os dereitos de autor ou copyright ©.


  Os dereitos de autor ou copyright ©. Que podemos e que non podemos “copiar e pegar”?


Segundo a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, a definición de dereitos de autor refírese a “os dereitos dos creadores sobre as súas obras literarias e artísticas” por unha duración de 50 anos a partir do falecemento do autor. Falamos de libros, música, fotos, pintura, escultura, películas, programas informáticos, mapas, xogos, anuncios publicitarios... Copyright  é exactamente o mesmo que dereito de autor.

Co termo dominio público referímonos a aquelas obras cuxo período de protección de dereitos de autor expirou e poden ser reproducidas sen ningunha repercusión legal. A representación gráfica é .

Como antítese de Copyright temos o Copyleft. Consiste na decisión do autor de permitir a libre circulación e copias modificadas da súa obra. A súa representación gráfica é .
As licenzas Creative Commons son unha modalidade de dereitos de autor que, baixo unha serie de condicións, permiten modificar os termos e condicións dese dereito.
Tipos:

Resultado de imaxes para derechos de autor (Ø ) – Permítese o uso sen problema xa que o autor renunciou expresamente aos seus dereitos de autor.


  • Recoñecemento (BY) – Pódese compartir e adaptar (incluído para fins comerciais) pero é obrigatorio citar ao autor.
    • Recoñecemento-Compartir igual (BY-SA) – Permítese modificar a obra sempre que se difunda nas mesmas condicións de licenza que tiña a imaxe orixinal.
    • Recoñecemento-Non Comercial (BY- NC) – Pódese utilizar citando ao seu autor e a condición de que o seu uso non teña fins lucrativos ou comerciais. 
    • Recoñecemento-Sen obra derivada (BY- ND) – Obrigatorio citar ao autor, aínda que neste caso non se permiten nin modificacións na obra, nin uso comercial desta.
    • Recoñecemento-Non Comercial–Compartir igual (BY- NC- SA) – Non está permitido o uso comercial da obra orixinal nin das obras derivadas que han de levar a mesma licencia que regula a obra orixinal. 
  • Recoñecemento- Non comercial-Sen obra derivada (BY- NC- ND) – Non se permiten modificacións nin usos comerciais. Obrigatorio indicar o autor.

     2. Algúns recursos

    Para empregar algunha imaxe da Rede sen entrar en conflito cos dereitos de autor existen bancos de recursos dos que podemos seleccionar imaxes coas licenzas que nos permitan compartir, modificar...

    Buscador de imaxes Creative Commons: ttps://ccsearch.creativecommons.org/


    •   Localizador de licenzas de imaxes.

    • Tin Eye https://www.tineye.com// é un buscador inverso de imaxes co que poderemos comprobar se a foto que temos pensado empregar está suxeita a algún tipo de dereito de autor na internet, xa que localiza a fonte do arquivo. 

    •   Bancos de imaxes gratis:
    •  Pixabay: https://pixabay.com/es/ 


    • Gratisography:https://gratisography.com/

    •  Everystockphoto: http://www.everystockphoto.com/


    •  Flickr: https://www.flickr.com 

    • Plataformas de música gratis: 
    • Free Music Archive: http://freemusicarchive.org/

       Amazon Free Music: https://www.amazon.com/Free-SongsMusic/b?node=334897011
    •  Jamendo: https://www.jamendo.com/
    • Identificador de plaxios en textos escritos: Plagiarisma http://plagiarisma.net/es/ 

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.