venres, 24 de novembro de 2017

A REVOLTA IRMANDIÑA

Excelente traballo elaborado por Sheila Díaz Silveira (3ºESO) sobre un episódio moi importante na historia de Galicia.
Ao final hai un vídeo que explica claramente a Revolta Irmandiña.




luns, 13 de novembro de 2017

BIOGRAFÍAS

Magníficos traballos sobre a biografía de científicos realizados polos alumnos de 2º ESO

Traballo de Yaiza Mata sobre Hedy Lamarr



Hecho con

Alba Señarís sobre Marie Curie


Ana Vázquez sobre Isaac Newton.

                                      Tes que ver o vídeo   5😀😁😅



Álex Suárez , a tabla periódica.

xoves, 9 de novembro de 2017

PREMIO LAZARILLO 2017


Resultado de imagen de ledicia costas libros     

Ledicia Costas faise co Premio Lazarillo de Creación Literaria

É a segunda vez que a viguesa gaña o certame máis antigo da LIX en España.
A viguesa Ledicia Costas (1978) ven de obter, por segunda vez na súa carreira literaria, o Premio Lazarillo de Creación Literaria. No fallo o xurado concede este galardón dotado con 3.000 euros de xeito ex-aequo á novela Plumas e unicornios presentada en galego no orixinal pola autora e á obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.
Plumas e unicornios, de Ledicia Costas, está ambientada no Londres victoriano con marcada influencia da estética steampunk, e ten como protagonistas a Ágata, unha humana mecánica, e ao seu robot Tic-Tac, que emprenden unha viaxe para salvar a vida ao máxico León, o seu grande amigo, sen saber que os persegue Jack o Destripador. Para o xurado, a obra crea un universo de fantasía orixinal poboada de poderosas personaxes. Unha representación da loita do ben y do mal cunha literatura extremadamente coidada. A obra verá a luz en Edicións Xerais baixo o título A balada dos unicornios segundo confirmou a autora.

Os Premios Lazarillo, os máis antigos na literatura infantil e xuvenil en España, están convocados pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ledicia Costas xa gañou este mesmo premio en 2015 pola novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (eds. Xerais). Este ano concursaron nesta categoría un total de 68 obras, delas 56 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 3 en catalán. A entrega dos premios terá lugar na inauguración do XLI Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid, o vindeiro 13 de decembro

DÍA DA CIENCIA EN GALICIA



A exposición Día da Ciencia en Galicia (Científicos Galegos 2008 - 2017) está actualmente no Colexio La Salle de Santiago

A exposición Día da Ciencia en Galicia, posta a punto pola RAGC en colaboración co Consello da Cultura Galega, presenta unha breve semblanza biográfica e profesional dos 10 Científicos Galegos proclamados como tales pola RAGC de 2008 a 2017. Inaugurouse no Pazo de San Roque con motivo do Día da Ciencia en Galicia e actualmente está no Colexio La Salle de Santiago. A súa finalidade principal é contribuír á Cultura Científica da sociedade galega, neste caso a través dos  alumnos do Colexio. Posteriormente levarase a otros centros e institucións.

domingo, 29 de outubro de 2017

Como converter calquera célula do corpo nunha célula nai : Células iPS e a reprogramación celular


Células iPS e reprogramación celular:como converter calquera célula do corpo nunha célula nai 

A reprogramación celular permítenos converter calquera célula do corpo nunha célula nai pluripotente. O seu descubrimento no 2006 sorpredeu a moitos científicos e cambiou a maneira de pensar sobre o funcionamento das células. A reprogramación celular abriu excitantes posibilidades para estudar e tratar enfermidades.
Sabías que...?
En soamente 3 semanas podes xerar unha célula nai  pluripotente a partir de calquera célula do corpo, incluso usando células dunha persoa de 82 anos.

Sabías que...?


Shinya Yamanaka descubriu por primeira vez as células iPS en 2006 e gañou o Premio Nobel por este traballo en 2012.

Sabías que...?


As células especializadas da pel…


...

...reprográmanse a células pluripotentes, marcadas en verde na foto anterior.

Se queres saber máis...
Reprogramando as nosas células

Se queres ver un video  sobre o descubrimento de Yamanaka ...







Fonte: Eurostemcell


mércores, 25 de outubro de 2017

PERGAMIÑO VINDEL


Pergamiño Vindel

Exposición do Pergamiño Vindel, o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, que se poderá visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, até o 4 de marzo de 2018.
O pergameo pertence actualmente á Morgan Library de Nova York, que llo cedeu á Universidade de Vigo para esta exposición, pero moitos foron os avatares que pasou o manuscrito, datado entre os séculos XIII ou XIV.
Trátase do manuscrito que contén o cancioneiriño do gran poeta do século XIII Martín Codax: as súas deliciosas sete cantigas de amigo, as sete cancións postas na boca dunha mociña namorada («amiga») que agarda, coitada, a chegada do seu namorado («amigo»). É como unha noveliña de amor en sete secuencias, que debería ser filmada. O topónimo Vigo, aparece mencionado, nos 98 versos do cancioneiriño, 21 veces, o que ten feito pensar aos estudosos que o autor deste prodixioso relato poético, Martín Codax, ou era de Vigo ou tivera relación estreita con Vigo, daquela unha viliña.
En 1914, un libreiro madrileño non leigo en bibliografía medieval, Pedro Vindel (1895-1921), bateu cun códice do século XIV que contiña un texto de Cicerón de non especial interese (De officiis), texto encadernado cun pergamiño de vitela (de xuvenca) no que figuraban unha presa de versos coa súa notación musical
Máis información

martes, 10 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017


O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar


Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. É crítico e especialista na literatura infantil e xuvenil. Imparte clases de creación literaria, talleres de poesía , conferencias e participou en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por diferentes institucións. Ten unha contribución variada á literatura infantil .
"Poemar o Mar" é un libro de poemas que forma parte dunha triloxía composta tamén por  «En la cuna del mar» y «Palabras do mar» Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.
Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: "En voz baixa" (1998), "O peixe da cor" (2002), "Honorato, o rato namorado" (2011) e "Recendos de aire sonoro" (2011).

Xurado