luns, 24 de outubro de 2016

384º aniversario do nacemento de Leeuwenhoek

384.º aniversario do nacemento de Antoni Van Leeuwenhoek
                                                         Antoni Van Leeuwenhoek
Antoni van Leeuwenhoek[1], nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado o primeiro microbiólogo. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares.
Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras muscularesbacteriasespermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

Debuxo dos microscopios de van Leeuwenhoek realizado por Henry Baker
Réplica do microscopio de
Leeuwenhoek

Ningún comentario:

Publicar un comentario