martes, 20 de decembro de 2016
venres, 9 de decembro de 2016
mércores, 7 de decembro de 2016
os "Garabatos" de google
'Sr. Doodle': o home detrás das iconas máis famosas de internet
Ryan Germick lidera o equipo que crea os doodles para todo o mundo.
Álbum | Lola Flores e nove doodles que triunfaron en internet
Defínese como un "tío aburrido". É do Medio Oeste americano, casado cunha india (de India) e fan de Prince. Por suposto, iso non implica ser aburrido. Tamén é vexetariano, abstemio e contrario aos refrescos con azucre, xuízo que xa queda en mans do lector. O que é indiscutible é que Ryan Germick ten un dos empregos máis envexados do mundo: non só gaña moitos cartos (se presupón) e goza do seu traballo ( afirma), senón que desenvolve ata límites inimaxinables a difusión soñada por calquera artista. É o deseñador xefe dos doodles, as diferentes representacións do logo de Googleque cada día decoran o motor de búsqueda. O seu museo é o máis grande do mundo: internet. A súa exposición temporal é a web máis visitada da Rede en Europa e América. E, por riba, o líder deste grupo de 15 artistas, enxeñeiros e productores di non sentirse «presionado».
xoves, 1 de decembro de 2016
PREMIO CERVANTES 2016 EL PAÍS CULTURA 30 de novembro de 2016
Eduardo Mendoza gaña o Premio Cervantes 2016
O escritor barcelonés "posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía", destaca o xurado
O premio Cervantes coroa a lista de galardóns á súa obra, que inclúe o Planeta, recibido en 2010 por Riña de Gatos, e o José Manuel Lara por Mauricio o las elecciones primarias, en 2007. A súa consagración chegou en 1986 con La ciudad de los prodigios, unha novela que amosa a evolución social e urbana de Barcelona entre as dúas exposicións universais de 1988 e 1929.
Mendoza acadou un gran éxito de ventas coa serie protagonizada por un peculiar detective ingresado en un manicomio (El misterio de la cripta embrujada,La aventura del tocador de señoras) que mestura a parodia co xénero policiaco. A súa última obra El secreto de la modelo extraviada, é a quinta entrega da serie.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)