CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS EN PECALAMA
xoves, 23 de abril de 2015
xoves, 16 de abril de 2015
AS CHEF DE TORDOIA
CONCOURS DE CUISINE fRANCOPHONE
Con data do luns 13 de abril, acudimos a Ordes, ó
IES Nº1, para participar no “Premier
Concours de Cuisine Francophone” organizado polo Département de Français
daquel instituto. Alí aproveitamos tamén para visitar unha preciosa
exposición sobre Le Petit Prince, na
que había documentos moi curiosos en torno á obra de Saint-Exupéry e
nomeadamente vinteseis versións da obra noutras tantas linguas distintas!!!
Fomos Nerea
Castro, Alba Mallo, Sheila Parafita, e a nosa profe de Français,
Ilda Lortes. Había moito ambiente, moita xente no público e moitos nervios
entre as participantes!!!!
Presentáronse 14 receitas moi lucidas, aínda que xa
sabedes cal era a mellor, e non…??? Nós presentamos un prato ben elaborado que
nos deu ben que facer…: Hachis Parmentier.
O xurado estaba composto por catro persoas: a Consulesa Honoraria
de Francia da Coruña, unha cociñeira do Restaurante Nogallás de Ordes, unha
profesora de Français do IES Rosalía de Castro de Santiago, e o xefe de estudos
do IES Nº1 de Ordes.
Despois de visionar e cualificar os catorce videos onde
as participantes explicaban a receita e a elaboración da mesma, o xurado
procedeu a catar os pratos presentados e a puntualos. De seguido, reuníronse
para deliberar, e finalmente emitiuse o veredicto…
Desta volta non houbo sorte, pero aínda así quedamos
contentas da nosa andaina culinaria e tamén pola nosa compañeira Andrea Lamas,
ex-alumna do noso centro e actualmente alumna de 2º Bach do IES Nº1 de Ordes.
Ela gañou o premio correspondente ó
nivel de Bacharelato cunha receita de Macarons.
Noraboa Andrea!
Foi unha experiencia divertida que repetiremos de seguro
noutras ocasións, e mesmo axudaremos a colocar as mesas, como fixemos onte.
ALLEZ, LES FILLES!!! COURAGE!!! LE PROCHAIN CONCOURS SERA À NOUS!!!!
martes, 14 de abril de 2015
martes, 7 de abril de 2015
Visita de Fina Casalderrey
"Son escritora non porque escriba, senón porque me ledes"
O 27 de marzo tivemos a visita da autora de Dúas bágoas por Máquina e O misterio dos fillos de Lúa entre outros moitos libros.
Foi unha charla moi amena e divertida, pasounos o tempo voando escoitando as súas historias. O primeiro que nos preguntou foi: Que é ser un escritor? E contestounos que escritor pode ser calquera, calquera de nós pode contar historias, pero o importante é que haxa alguén que nos escoite ou que nos lea. Deunos as grazas por ler e por ler os seus libros. Contestou todas as nosas preguntas e rematou a charla cunha pequena historia: "Eu son eu", moi graciosa pero tamén moi emotiva porque a protagonista é unha avoa que vai perdendo a memoria.
Despois fixemos unha fila para que nos firmara o libro e agora temos un libro dedicado pola autora.
martes, 24 de marzo de 2015
O CÓMIC DE TOMÁS
Tomás Guerrero, ilustrador e animador, presenta nestes días A deserción de Stalin, o seu divertido debut no mundo da novela gráfica, estrea coa que a editora coruñesa estende o seu catálogo de autores e xéneros, xa que estamos ante unha historia de espías nos comezos da Guerra Fría, un relato de segredos e intrigas a través da lente do humor e a retranca.
http://komic.es/gl/lecturas/502-a-desercion-de-stalin-tomas-guerrero-demo-editorial.html
xoves, 12 de marzo de 2015
Os oleiros de Buño visitan o C.P.I Pecalama
O martes 10 de febreiro estiveron no noso colexio uns oleiros de Buño. Todos os alumnos do centro tivemos a oportunidade de ver e probar como se traballa o barro no torno, dándolle diferentes formas ata obter cuncas, petos, xerras, ...
Foi sorprendente ver o que empregaban para rematar as figuras: fío, plumas de galiña, cristal, anacos de canaveira e pintura tamén feita de barro. Ademais cada alumno e alumna fixemos as nosas propias figuras con moldes de xeso.
Foi unha estupenda experiencia da que todos disfrutamos e aprendemos.
Dende aquí queremos dar as grazas aos dous oleiros que viñeron e que amablemente nos amosaron a súa arte no traballo do barro.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria
martes, 3 de marzo de 2015
Xéneros e Figuras literarias
Xéneros e Figuras literarias
O conxunto de obras que comparten con outras unhas características formais e temáticas forman un xénero literario. Os tres grandes xéneros son a poesía ou lírica, a narrativa e o teatro.
A poesía: é un xénero escrito normalmente en verso e que ten ritmo. A poesía pode expresar a visión persoal do mundo do poeta, aínda que na poesía popular adóitanse amosar os valores dunha comunidade. Na poesía existe unha grande variedade de formas como:
- A cantiga: composición que estaba destinada ó canto
- O epigrama: composición breve de carácter festivo.
- O himno: composición cunha finalidade patriótica ou de celebración.
- A elexía: composición na que se chora a morte de alguén ou outra desgraza colectiva.
- A égloga: composición protagonizada por uns pastores idealizados.
- A oda: Era unha composición de exaltación que adoitaba usar unha linguaxe elevada.
A narrativa: son o conxunto de obras onde o autor narra uns feitos reais ou inventados e faino en prosa. A narrativa de ficción divídese en novela e conto.
- O conto: será unha narración breve que conta un acontecemento que normalmente sucede a uns personaxes moi determinados nun tempo e nun espazo moi concretos.
- A novela: é unha narración máis longa onde se narran distintos feitos que suceden a varios personaxes que son tratados con máis detemento. Estas historias poden acontecer en distintos lugares e poden ocupar máis tempo. Entre as novelas máis importantes da nosa literatura están as de Otero Pedrayo
http://www.arrakis.es/~trasalba/default.htm
O teatro
Son o conxunto de obras pensadas para seren representadas diante do espectador. Os personaxes falan, e mediante os seu diálogos nós coñecemos a historia. Os diálogos do teatro poden estar escritos en verso ou prosa. Houbo momento nos que predominou o verso pero hoxe faino a prosa. As formais teatrais principais son:
- A traxedia: Os personaxes son importantes e sufrirán un final terrible. Chegan a este remate por culpa duns sentimentos incontrolables.
- A comedia: Os personaxes son normais e rematarán cun final feliz. Representan conflictos normais, vistos ás veces como complicacións que xorden por mor de equívocos.
- O drama: Os personaxes son xentes normais que sofren un problema serio. O final non está predeterminado.
Probablemente a obra de teatro máis coñecida da nosa literatura sexa Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
As figuras literarias e os recursos estilísticos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
