martes, 17 de xaneiro de 2017

Ler é necesario para o cerebro

Razóns científicas para ler máis do que lemos

A lectura, ademais de mellorar a empatía e a comprensión dos demais, é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais

Una mujer coge un libro de una estantería.
O informe La lectura en España 2017, encargado pola Federación de Gremios de Editores (FGEE), alerta de que os españois non conseguimos aumentar o noso nivel de lectura, pois estamos estancados en cifras que indican, segundo o último barómetro do CIS, que cerca dun 40% dos cidadáns non leu ningún libro en 2015. Ante esta situación o Goberno parece ter prepatado un Plan Nacional de Fomento de  Lectura incluído no chamado Plan 2020 de acción cultural.Démoslle pois ao Goberno e ao seu Ministerio de Cultura argumentos científicos, particularmente desde a neurociencia, para seguir adiante con ese plan e levalo a cabo con éxito.
A lectura é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais

A lectura é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais. É así porque a actividade de ler require poñer en xogo un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a memoria e o razoamento. Cando lemos activamos preferentemente o hemisferio esquerdo do cerebro, que é o da linguaxe e o máis dotado de capacidades analíticas na maioría das persoas, pero son moitas máis as áreas cerebrais de ambos hemisferios que se activan e interveñen no proceso. Decodificar as letras, as palabras e as frases e convertelas en sons mentais require activar amplias áreas da codia cerebral. As codias occipital e temporal  actívanse para ver e recoñecer o valor semántico das palabras, é dicir,  o seu significado. A codia frontal motora  actívase cando evocamos mentalmente os sons das palabras que lemos. Os recordos que evoca a interpretación do lido activan poderosamente o hipocampo e o lóbulo temporal medial. As narracións e os contidos sentimentais do escrito, sexan ou non de ficción, activan a amígdala e demais áreas emocionais do cerebro. O razoamento sobre o contido e a semántica do lido activan a codia prefrontal e a memoria de traballo, que é a que utilizamos para resolver problemas, planificar o futuro e tomar decisións. Está comprobado que a activación regular desa parte do cerebro fomenta non só a capacidade de razoar, senón tamén, en certa medida, a intelixencia das persoas.



O razoamento sobre o contido e a semántica do lido activan a codia prefrontal e a memoria de traballo

A lectura, en definitiva, inunda de actividade o conxunto do cerebro e reforza tamén as habilidades sociais e a empatía, ademais de reducir o nivel de estrés do lector. Nese sentido debemos resaltar o excelente traballo de revisión do novelista e psicólogo Keith Oatley, da Universidade de Toronto, Canadá, recentemente publicado na revista científica CellPress e titulado Fiction: Simulación of Social Worlds (Ficción: Simulación de mundos sociais), destacando que a literatura de ficción é a simulación de nós mesmos en interacción. Tras un rigoroso e elaborado repaso de datos e consideracións sobre psicoloxía cognitiva, Oatley conclúe que ese tipo de literatura ao ser como unha exploración das mentes alleas fai que quen le mellore a súa empatía e  comprensión dos demais, algo do que estamos moi necesitados. Esa conclusión é ademais avalada por neuroimaxes, é dicir, por datos científicos que exploran a actividade cerebral relacionada con ese tipo de emocións. A ficción que inclúe personaxes e situacións complexas pode ter efectos especialmente beneficiosos. Así e como exemplo, un traballo recentemente publicado demostra que a lectura de Harry Potter pode diminuír os prexuízos dos lectores.


A ficción que inclúe personaxes e situacións complexas pode ter efectos especialmente beneficiosos

Todo iso sen mencionar a satisfacción e o benestar que proporciona o coñecemento adquirido e como ese coñecemento se transforma en memoria cristalizada, que é a que temos como resultado da experiencia. O libro e calquera lectura comparable son, así, un ximnasio asequible e barato para a mente, o que proporciona a mellor relación costo/beneficio en todas as idades da vida, polo que debería incluírse na educación desde a  infancia e manterse durante toda a vida. Cada persoa debe elixir o tipo de lectura que máis lle motiva e convén. Os nenos deben ser estimulados a ler con lecturas adecuadas á súa idade e os maiores deben procurarse todo o auxilio que requiran as  súas facultades visuais para poder seguir lendo e mantendo en forma o seu cerebro cando envellecen. Un motivo engadido para que os maiores sigan lendo é a plausible crenza de que non somos verdaderamente vellos ata que non empezamos a sentir que xa non temos nada novo que aprender.
Ignacio Morgado Bernal é director do Instituto de Neurociencias da Universidade Autónoma de Barcelona, autor de“Cómo percibimos el mundo: una exploración de la mente y los sentidos” (Barcelona: Ariel 2012)

Ningún comentario:

Publicar un comentario