venres, 28 de outubro de 2016

Ciencia que Conta logo


                                      NORABOA YAIZA!!



O grupo de divulgación científica DIVULGATA da Universidade de Vigo publicou un libro coa selección dos mellores relatos que participaron no 8º Concurso de Relatos curtos Ciencia que conta 2015-2016, entre eses relatos está o da nosa Yaiza Mata Uzal.
Gala de Entrega de Premios e a lectura da Acta do Xurado tivo lugar o  7 de maio de 2016, a partir das 17 h, na sede da Fundación Barrié  en Vigo
cqc2015Este é o seu relato:

              Chámome Alexander Fleming 

                                Yaiza Mata Uzal CPI Pecalama (Tordoia) 

Son Alexander Fleming, un científico británico. Estamos no ano 1928. Teño 47 anos. Estou realizando unha observación dunhas bacterias de estafilococo, unhas bacterias que producen unha enfermidade. Hoxe marcho de Londres e volverei dentro dun mes, aproximadamente. Irei a unha exposición de inventos e similares en Francia. Xa cheguei a Francia e agora mesmo estou desfacendo a equipaxe. Tan pronto acabe vou directo cara á exposición. Que marabilla! Cantos inventos! Este lugar é perfecto para min! Aquí estou rodeado da maquinaria que a min me gusta! Cada invento ten unha pequena placa debaixo na que pon o invento que é, quen o inventou, onde e en que ano. Agora estoulle botando unha ollada a un barco de vapor feito por Robert Fulton, en 1907, nos Estados Unidos. A seguinte cousa que vexo é unha locomotora de vapor, feita por George Stephenson no ano 1825, en Inglaterra. Ai! Este tipo de avances no transporte axudan moito na economía dun país, porque permite venderlle a outro país mercancías! Outro invento que hai é unha máquina de escribir mecánica feita por Christopher Latham Sholes, nos Estados Unidos no ano 1867. Hai moitas outras cousas como, por exemplo, un teléfono, un gramófono, unha cociña eléctrica Xa pasou un mes. Creo que vai sendo hora de volver á casa, aínda que se por min fose quedaría máis tempo Xa cheguei a Londres e xa desfixen as maletas. Nos seguintes días dedicareime a descansar. Pasados estes dous días volvo ao traballo. Diríxome ao soto do laboratorio do Hospital St. Mary (pois é alí onde eu traballo). Entro no soto e vexo todo tal e como o deixara: os libros enriba da mesa, o encerado cheo de fórmulas, papeis ciscados por encima da mesa, unha mostra de bacterias de estafilococo xunta á fiestra, a cal estaba aberta Espera! Algo non me cadra! Bótome a correr cara a aquela mostra e vexo que se contaminou. Estou apampado! Vexo que apareceu mofo e arredor dese mofo, a un 64 Ciencia que conta 2015/2016 raio de máis ou menos 3 mm non hai ningunha outra bacteria, pero a continuación deste raio xa aparece máis mofo coa condición do raio. Cheo de curiosidade poño esa mostra debaixo do microscopio e descubro que o raio que rodea o mofo é unha substancia segregada polo fungo Penicillium que matou as bacterias do estafilococo que había dentro dese raio. Ocorréuseme se se podería utilizar ese fungo como antibiótico contra estas bacterias e poder curar os enfermos delas. Pasado un tempo perdín un pouco a confianza de se sería posible usalo como antibiótico. Con todo pedinlles axuda aos meus compañeiros universitarios para que investigasen se se podía levar a cabo. Finalmente se podía ser usado dese xeito, entón probámolo con persoas! Foi un completo éxito! 98 anos despois… Son un médico. Gústame moito o meu traballo, pois por incrible que pareza salvou moitas vidas grazas a unha cousa chamada antibiótico que varios anos atrás creou un señor chamado Alexander Fleming. 

«ÁS VECES UN REALIZA UN DESCUBRIMENTO CANDO NON O ESTÁ BUSCANDO» (Alexander Fleming).

martes, 25 de outubro de 2016

Arqueoloxía

Descobren un 'santuario' nuhna cova vizcaína con 70 pinturas rupestres de hai 14.000 anos .
Resultado de imaxes para cova de atxurra

  • ÁLVARO RUIZ  
  • Bilbao   (El  Mundo)
  • 24/05/2016
     Un equipo arqueolóxico da Deputación de Bizkaia atopou na cova de Atxurra, en Berriatua (Bizkaia), un santuario que contén 14 paneis con arredor de 70 grabados de animais do paleolítico superior. Unhas figuras, dominadas por cabalos e bisontes, que en concreto pertencen ao período magdaleniense medio/superior de entre 12.500 e 14.000 anos. "É un achádego moi importante" salientou  o arqueólogo Diego Garate, que descubriu as pinturas xunto ao espeleólogo Iñaki Intxaurbe.
    A cova de Atxurra, que permanecerá cerrada, foi excavada como xacemento arqueolóxico por José Miguel de Barandiarán en 1934 e é moi coñecida polos espeleólogos da zona. Sin embargo, os grabados rupestres no foran descubertos ata agora porque se atopan nunhas perigosas repisas. Estas salas están situadas a uns catro metros de altura do solo nunha galería que está a case 300 metros da entrada e á que se accede tras pasar arrastrándose por unha gateira. Ademais, as figuras dos animais non son fáciles de ver ao ter desaparecido a maioría dos pigmentos negros, posiblemente carbón, e quedar os raspados nas pedras, feitos con ferramentas de sílex.

    luns, 24 de outubro de 2016

    Cova Eirós da pistas sobre la extinción del neandertal

    Fósiles animales del yacimiento de Triacastela arrojan luz sobre la desaparición de la especie













     
    SANTIAGO / LA VOZ 25/10/2016 05:00
    Desde que en el año 2008 empezaron las excavaciones en Triacastela, el yacimiento de Cova Eirós se manifestó como una auténtica enciclopedia para el estudio de la evolución del hombre, y más concretamente, de los cambios que se registraron entre el Paleolítico medio (con una antigüedad de 40.000 años) y el superior inicial (32.000 años), período histórico en el que se produjo la desaparición del hombre de neandertal para dar paso a los primeros grupos humanos anatómicamente modernos. 
    Y en esos estudios tienen un protagonismo especial los restos de los roedores hallados en la cueva, tal y como se ha dado a conocer en un trabajo publicado en la prestigiosa revista Quaternary Science Reviews y en el que participó un equipo de la Universidade de Santiago que forma parte del grupo que lleva a cabo las excavaciones, junto con investigadores de universidades italianas y alemanas.
    Tal y como explica el profesor de la USC Ramón Fábregas, los pequeños vertebrados -en su mayoría ratones y murciélagos, aunque también hay serpientes y ranas- «son moi bos informadores», porque ese era su hábitat natural -es decir, no fueron introducidos en el lugar por el hombre- y, además, son sensibles a los cambios climáticos.
    El estudio de 208 fósiles hallados en las cuevas lucenses arrojó un poco de luz sobre las investigaciones de las causas de la desaparición del neandertal. Porque si bien es cierto que fueron varios los factores que acabaron con los antiguos habitantes de las cuevas del noroeste peninsular, se aportaban entre ellos condicionantes climáticos que, a entender de estos estudios, pierden algo de peso. «Non hai moito contraste no clima; era algo máis frío que o de agora, pero non pensamos que ese sexa o factor principal». Los huesos de los roedores de Cova Eirós lo dejaron escrito.




    Historia do Microscopio

      Historia do microscopio a través da colección "Camacho e Pallas"




    O Museo de Historia Natural  da Universidade de Santiago de Compostela inaugurou o pasado 1 de xuño de 2016 a exposición temporal “Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas”, propiedade dos doutores Tomás Camacho e Estrella Pallas. Nesta exposición exhíbense por primeira vez xuntas dúas pezas emblemáticas na historia da microscopía: unha edición orixinal da obra “Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses”, escrita por Robert Hooke e publicada en 1665, e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek tamén no século XVII.

                     



     

    384º aniversario do nacemento de Leeuwenhoek

    384.º aniversario do nacemento de Antoni Van Leeuwenhoek
                                                             Antoni Van Leeuwenhoek
    Antoni van Leeuwenhoek[1], nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado o primeiro microbiólogo. Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares.
    Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras muscularesbacteriasespermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

    Debuxo dos microscopios de van Leeuwenhoek realizado por Henry Baker
    Réplica do microscopio de
    Leeuwenhoek

    sábado, 22 de outubro de 2016

    Proxecto lector

    ENQUISA SOBRE PRÁCTICAS DE LECTURA NA AULA

    Cuestionario para a revisión e posta ao día do Proxecto Lector de Centro

      ETAPA EDUCATIVA
      Indica en qué etapa educativa traballas

    Revista infantil e xuvenil


    Acaba de saír o primeiro número da revista O PAPAGAIO, baixo a dirección de Abraham Carreiro e editada por Edicións Moito Conto.  A revista está destinada ao alumnado de primaria e secundaria e publicada integramente en galego.

    A ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, a historia, a arte, a cultura, a integración ou a banda deseñada teñen unha sección fixa na revista e os textos están asinados ou asesorados por persoas expertas na materia, aínda que botamos en falta os créditos do consello de redacción.

    Os contidos da revista, ben interesantes, poden axudar co traballo informativo nos diferentes ámbitos e mesmo téñen cabida as achegas dos centros de ensino.

    Material imprescindible nas bibliotecas escolares e necesario para a normalización do galego.

    O PAPAGAIO                  

         Kalandraka vén de publicar en galego (tradución de Xesús Fraga) a novela Un monstro vén a verme de Patrick Ness, que desenvolve unha unha idea orixinal da escritora de literatura xuvenil Siobhan Dowd, xa falecida. En palabras do autor: "este ía ser o seu quinto libro. Tiña os personaxes, o argumento e un comezo. O que non tiña, mágoa, era tempo".

    O personaxe principal, Conor, tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara. pero unha noite atopou un monstro na súa ventá que lle vén solicitar o segredo máis oculto  e faino asumir a súa propia realidade.
    Pola súa temática, a novela incorpórase ao listado de libros que tratan de superar  a enfermidade, a dor e a morte con valor e abrindo a porta á esperanza.
    Aproveitemos a súa lectura en clubs, por exemplo, á par do visionado da versión cinematográfica, recén estreada estes días.